Wednesday 01 de May de 2024

O Sábado de Piñata enche as rúas de Ordes de diversión co seu tradicional concurso de disfraces.


 

As adversas condicións climatolóxicas non minguaron o máis mínimo os ánimos dos numerosos participantes do concurso de disfraces organizado polo Concello de Ordes en colaboración con Jaime Castro e Reale Seguros.

Pasadas as 17 horas, arrancaba, en dirección á explanada do Campo da Feira, o desfile das diferentes comparsas, carrozas e participantes individuais vidos de distintos lugares da nosa contorna, facendo ao seu paso as ledicias do numeroso público presente ao longo do percorrido do desfile polas principais rúas da nosa vila.
Unha vez chegados ao Campo da Feira todos os participantes realizaron as súas mellores coreografías para encandear ao xurado e intentar levar algún dos premios ata un total de máis de 4000 € repartidos entre as diferentes categorías.
Rematadas as coreografías de todos os participantes, durante a deliberación do xurado, tanto os participantes como o público asistente desfrutaron dunha incrible festa con Pablo Ríos, persoa encargada de presentar o evento, e que fixo as delicias dun público que non parou de cantar e bailar, con “récord mundial de conga” incluído.
Finalmente os premios foron entregados polo alcalde de Ordes acompañado por unha gran parte dos integrantes do seu equipo de goberno, con especial mención a Abel Blanco, concelleiro de Cultura, e a José Antonio Cabeza, concelleiro de Obras e Infraestruturas, que quixeron dar exemplo e viñeron cadaquén co seu correspondente disfrace.
Os premiados no Sábado de Piñata foron os seguintes:
• Individual infantil
1. O Tanque. 100 euros
2. Alboroto no galiñeiro. 80 euros
3. Os Romanos. 60 euros
• Comparsas infantís:
1. Pequepiratas. 225 euros
2. As veces é mellor non ver. 175 euros
3. De Galicia para o mundo. 135 euros
• Individual adulto.
1. Os coches de choque. 170 euros
2. Maruxa hai que plantar. 120 euros
3. Madre naturaleza. 90 euros
• Adultos comparsas:
1. Os trasnos da muiñeira. 400 euros
2. Coser e cantar todo é empezar. 300 euros.
3. As vespas tiran ao monte. 200 euros
• Carrozas
o O mar fantástico. 600 euros
• Simpatía
o O Papa en Ordes. 150 euros
• Especial Concello de Ordes a mellor comparsa municipal:
o Mamma Mía. 200 euros.

Un ano máis o Entroido do Concello de Ordes foi patrocinado por Seguros Reale e Jaime Castro Asesores.